CRTVG

Buscar

Falece un usuario na residencia de Tui intervida pola Xunta

Publicado o 13/01/2021 14:39

Segundo os últimos datos oficiais facilitados, nesta residencia de Tui hai oitenta e un casos confirmados por coronavirus. Sesenta e cinco son usuarios e os outros dezaseis, traballadores do centro. A súa evolución está a ser favorable.

A Xunta de Galicia decidiu intervir o centro ante a suba de casos e porque boa parte dos empregados efectados pertencen ao servizo de enfermería. Xa foron substituídos por persoal do Sergas para garantir a atención aos usuarios.

Neste centro xestionado polas irmás franciscanas residen un total de 72 usuarios. Arestora é a residencia de Galicia que rexistra un maior número de contaxios se sumamos os maiores e o cadro de persoal afectado.

Noticias web

13/01/2021