CRTVG

Buscar

Falece un traballador esmagado polo camión que reparaba no Porriño

Publicado o 06/12/2019 09:00

un traballador de 60 anos morreu esta tarde esmagado por un camión que estaba a arranxar. O sinistro ocorreu arredor das cinco da tarde, na empresa Neumáticos Berbés, no Polígono das Gándaras. Crese que o home estaba cambiando as rodas do vehículo cando quedou atrapado. Os servizos sanitarios desprazados á zona xa non puideron facer nada pola súa vida.

Este é o segundo accidente laboral con resultado mortal que se produce no mesmo polígono industrial en apenas dúas semanas. O pasado 22 de novembro morreu operario de 57 anos ao envorcar o camión que manexaba nas instalacións da empresa Lear.