CRTVG

Buscar

Morre un pescador arrastrado por un golpe de mar no porto de Tapia de Casariego

Publicado o 20/11/2019 13:30
Morre un pescador arrastrado por un golpe de mar no porto de Tapia de Casariego

Un home duns 60 anos faleceu esta noite ao ser arrastrado por un golpe de mar mentres se atopaba pescando no peirao exterior do porto de Tapia de Casariego (Asturias).

O equipo de rescate, composto por membros de Bombeiros de Asturias, Salvamento Marítimo e a Garda Civil, achou o corpo do home na zona interior do peirao pouco antes das 23:00 horas.

No momento do suceso, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) non mantiña ningunha alerta activada en Asturias, aínda que para este mércores anuncia aviso amarelo por ondas de ata cinco metros de altura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí