CRTVG

Buscar

Falece un peón tras ser atropelado na AP-9, en Pontevedra

Publicado o 11/01/2020 20:24
Falece un peón tras ser atropelado na AP-9, en Pontevedra

Atropelo mortal na AP-9 en Pontevedra. Un peón faleceu esta tarde alcanzado por un condutor que non puido esquivalo. O sinistro rexistrouse nas proximidades da Ponte da Barca, en dirección Vigo. A Garda Civil tivo que cortar o tráfico, o que provocou importantes retencións na autoestrada. Outros tres coches víronse implicados no accidente ao bateren entre eles por tratar de esquivar o falecido. Ningún dos ocupantes resultou ferido.