CRTVG

Buscar

Falece un operario no Porriño mentres manexaba unha peza de rocha

Publicado o 08/09/2020 20:59
Falece un operario no Porriño mentres manexaba unha peza de rocha

Un home faleceu este martes mentres traballaba no Polígono das Gandaras, situado no termo municipal do Porriño. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o operario quedou atrapado mentres manipulaba unha peza de material rochoso. Tras recibir o aviso, a central de Emerxencias solicitou a intervención do 061, Bombeiros de Baixo Miño, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.