CRTVG

Buscar

Falece un operario en Toén ao sufrir un golpe na cabeza mentres traballaba

Publicado o 07/03/2019 20:20
Falece un operario en Toén ao sufrir un golpe na cabeza mentres traballaba

Os servizos médicos de urxencia confirmaron o falecemento dun home ao sufrir un traumatismo na cabeza mentres traballaba nunha empresa situada no concello ourensá de Toén, na parroquia de Feá.

Foi sobre as 17.15 horas da tarde, cando o 112 tivo constancia dos feitos e de inmediato contactaron cos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil da localidade, para que prestasen apoio aos efectivos do 061.

Pese aos esforzos sanitarios, só puideron confirmar o falecemento do traballador.

 

Noticias web

07/03/2019