Falece un mozo de 22 anos nun accidente en Esgos
Publicado o 21/12/2019 14:42
Foi precisa a intervención dos bombeiros de San Cibrao das Viñas para excarcerar o condutor e único ocupante do vehículo, que bateu contra un muro en plena curva, na comarcal 536.
O falecido, de 22 anos, era natural da Boullosa, no concello ourensán de Baltar pero o accidente ocorreu lonxe da súa casa. Conducía unha furgoneta dunha empresa de espectáculos.
Desde a Garda Civil de Tráfico insisten en que extrememos as precaucións ao volante nestas datas festivas, especialmente coas actuais condicións meteorolóxicas.