CRTVG

Buscar

Falece un carballés de 21 anos tras chocar o seu coche contra outro aparcado

Publicado o 04/12/2020 23:07
Falece un carballés de 21 anos tras chocar o seu coche contra outro aparcado

La Voz

Un mozo carballés de 21 anos morreu a tarde deste venres ao chocar o seu turismo contra outro vehículo que estaba estacionado nas proximidades de Rus, parroquia do municipio de Carballo (A Coruña).

O accidente tivo lugar sobre as 20.06 horas na estrada DP-1914 que une Carballo con Santiago, segundo indicaron fontes policiais. Por causas que están a ser investigadas, o turismo chocou contra o outro, que estaba estacionado.

Como consecuencia do forte impacto, unha persoa perdeu a vida, segundo informou o 112 Galicia. Ao lugar acudiron efectivos dos Bombeiros de Carballo, que tiveron que excarcerar a vítima, que quedara atrapada no interior do vehículo. Igualmente, interviñeron efectivos sanitarios, axentes da Policía Local, persoal de Protección Civil de Carballo e axentes da Garda Civil de Tráfico, que se fixeron cargo do atestado do accidente.

Noticias web

04/12/2020