CRTVG

Buscar

Falece un home tras bater contra un muro na Guarda

Publicado o 31/01/2020 18:32

Un condutor morreu esta tarde nun accidente na parroquia de Salcidos, na Guarda. A vítima, duns sesenta anos, perdeu o control do coche, subiu á beirarrúa, e despois de tirar embaixo varios sinais acabou batendo contra o muro dunha casa. Os servizos de urxencias trataron de reanimalo, pero non puideron salvarlle a vida. Crese que o falecido puido sufrir unha indisposición mentres conducía. O accidente obrigou a pechar ao tráfico un carril da estrada que atravesa esta parroquia.