CRTVG

Buscar

Falece un home despois de caer desde unha altura no porto de Domaio

Publicado o 01/09/2019 11:46
No porto de Domaio, en Moaña, faleceu mentres pescaba un home despois de caer dunha altura. Foi un particular o que chamou o 112 para solicitar asistencia. A testemuña viu como home se derrubaba e caía. Os sanitarios non puideron reanimalo e soamente certificaron a morte, xa de madrugada. A autopsia determinará a causa do falecemento.
O home tiña problemas de saúde e respiraba con axuda de osíxeno.