CRTVG

Buscar

Falece un home ao sufrir un accidente co tractor e chocar contra unha casa

Publicado o 11/01/2020 14:35
Falece un home ao sufrir un accidente co tractor e chocar contra unha casa

Un home de 85 anos faleceu esta tarde ao sufrir un accidente mentres manexaba o tractor co que chocou contra unha casa en Placín, Manzaneda. Segundo afirmou o 112 Galicia, o condutor do tractor saíuse da vía e chocou contra o muro dunha casa arredor das 13:50 horas. Fontes da Garda Civil indicaron que será a autopsia a que determine as causas da súa morte.

Os servizos de Urxencias Sanitarias do 061 comunicáronlle ao 112 Galicia que un vehículo agrícola colidira co muro dunha vivenda e que a persoa que o conducía probablemente falecera no impacto.

Deuse aviso á Garda Civil, Protección Civil de Manzaneda e ao GES de Castro Caldelas. Unha vez alí, os axentes confirmaron o falecemento do home. A pesar dos esforzos dos sanitarios, non se puido facer nada por salvar a súa vida. Polo de agora descoñécense as causas que puideron provocar o accidente.

Máis sobre Manzaneda