CRTVG

Buscar

Falece un home ao caer dun edificio en Santiago de Compostela

Publicado o 19/07/2019 15:17

Un veciño de Santiago morre ao caer desde o tellado do seu edificio. Ao parecer, tentaba limpar un caleiro dun cuarto andar. O accidentado tiña posto un arnés, que non o retivo. Escorregou e precipitouse ao baleiro. 

Un home duns sesenta anos de idade morreu na zona compostelá das Fontiñas, ao precipitarse á rúa desde o tellado do edificio onde vivía. Ao parecer, escorregou cando trataba de limpar un canlón supostamente atoado. O falecemento foi instantáneo, debido ao forte golpe que o accidentado recibíu ao impacta coa cabeza na beirarrua. Aínda que ao lugar acudiron servizos sanitarios de emerxencias, non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Supostamente, o home accedeu ao tellado a través da xanela tipo velux da súa propia vivenda, no ático do edificio de catro plantas. Malia que o veciño tivo a precaución de utilizar un arnés no lle servíu para salvar a vida. Especúlase coa idea de que non debeu atalo ben, xa que ao esvarar a suxeición dese dispositivo de seguridade non resistiu o seu peso. No lugar atoparon unha cana de pescar, coa que se supón que tentaba desatoar o caleiro.

O falecido residía no edificio onde se produciu o accidente coa súa muller, que nese momento estaba ausente. Acudiu a correr despois de que a avisaran os servizos de emerxencia. Ao lugar do suceso trasladáronse dotacións das Policías Local. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí