CRTVG

Buscar

Falece un ancián en Pontevedra nun incendio na súa vivenda

Publicado o 27/02/2021 15:31

Un ancián de 89 anos faleceu esta noite en Pontevedra ao se declarar un incendio na súa vivenda. Os técnicos investigan as causas do lume, pero todo apunta a un curtocircuíto provocado por un electrodoméstico. No momento do sinistro no apartamento estaban a dona da vítima e unha coidadora. Ambas as dúas foron rescatadas por efectivos da Policía Local e evacuadas a un hospital. Presentaban queimaduras de carácter leve. Os Bombeiros de Pontevedra conseguiron extinguir as lapas pero xa non puideron facer nada pola vítima. Non foi preciso desaloxar o resto de vivendas do inmoble.

Noticias web

27/02/2021