CRTVG

Buscar

Falece Ramón Campos, ex-alcalde da Estrada entre 1991 e 2007

Publicado o 08/12/2019 19:49

Ramón Campos Durán tiña 89 anos e foi o rexedor da Estrada durante 15 anos. En 1991 conseguiu o bastón de mando e mantívoo con maiorías absolutas ata o 2007, cando decidiu retirarse.

Este luns pola tarde oficiarase o funeral e posterior enterro no camposanto de Figueroa, na Estrada.