CRTVG

Buscar

Falece o ocupante dun turismo tras chocar contra un camión en Sarria

Publicado o 25/06/2019 09:35

Accidente mortal nun choque entre un camión e un turismo en Sarria. Ocorreu na CG-22, á altura do Oural. Na colisión morreu un home, único ocupante do coche que esta tarde batía contra o camión. Segundo se lle indicou ao 112, foi necesario cortar o tráfico en ambos os dous sentidos da circulación e desviar os vehículos. Cando chegaron os servizos médicos xa non puideron facer nada por salvarlle a vida ao home.



Noticias web

25/06/2019