CRTVG

Buscar

Falece o neno que se golpeara co fondo do mar en Baiona

Publicado o 16/08/2020 19:32
Falece o neno que se golpeara co fondo do mar en Baiona

Hoxe faleceu o pequeno de 13 anos que resultou ferido grave ao lanzarse á auga en Baiona. O menor, natural de Tomiño, tirárase ao mar desde unha rampla de varado a carón do paseo marítimo, nunha zona de pouca profundidade onde o concello prohibiu o baño despois do accidente.

Os seus amigos foron os primeiros en acudirlle e sacárono da auga. Deseguido fora trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e de aí evacuado en helicóptero á unidade de lesións medulares do Complexo Hospitalario da Coruña.