CRTVG

Buscar

Falece o historiador galego Santos Juliá, en Madrid, aos 79 anos

Publicado o 23/10/2019 17:32
Falece o historiador galego Santos Juliá, en Madrid, aos 79 anos
O historiador e catedrático galego Santos Juliá, que profundou coa súa obra en asuntos como as vítimas da guerra civil ou a figura de Manuel Azaña, faleceu este mércores, en Madrid, aos 79 anos como consecuencia dun cancro, segundo informaron a EFE fontes da editorial Galaxia Gutenberg.
 
Juliá, nacido en Ferrol (A Coruña), era catedrático de Historia Social e do Pensamento Político da UNED e doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid.
Profesor visitante e conferenciante en varias universidades europeas e americanas, o falecido era autor de numerosos traballos sobre historia política e social de España no século XX e era colaborador desde hai máis de 27 anos de El País, onde publicaba columnas e artigos de opinión. Foi premio Nacional de Historia en 2005 con obra Historias de las dos Españas.