CRTVG

Buscar

Falece o deputado do PSdeG Raúl Fernández tras padecer unha enfermidade

Publicado o 20/06/2019 21:03

A política galega está de loito polo pasamento do deputado socialista Raúl Fernández. Raúl Fernández era natural de Castrelo do Val, de onde foi alcalde entre os anos 1987 e 2005. Ese mesmo ano foi designado delegado territorial de Política Territorial polo goberno de Touriño. Posteriormente foi deputado provincial e secretario do PSdeG de Ourense. Durante as dúas últimas lexislaturas foi deputado na cámara galega. O secretario xeral o PSdeG expresou a través das redes sociais o pesar da familia socialista, ao que tamén se sumaron o resto de partidos políticos. O Parlamento de Galicia declarou loito oficial polo seu pasamento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019