CRTVG

Buscar

Falece o ciclista atropelado onte en Xinzo de Limia

Publicado o 10/02/2020 20:33
Falece o ciclista atropelado onte en Xinzo de Limia

Faleceu o ciclista atropelado por un coche onte en Xinzo de Limia. O home, de 72 anos, acababa de incorporarse á nacional 525 dende unha pista. Eran as sete e media do serán. Ía sen luz na bicicleta. Tampouco levaba chaleco reflector nin casco e circulaba polo carril contrario. Un turismo atropelouno. Quedou ferido de gravidade e esta tarde faleceu. Dende a Garda Civil de Tráfico advirten da vulnerabilidades dos ciclistas e da necesidade de facerse visibles ao resto de condutores.

Noticias web

10/02/2020