CRTVG

Buscar

Falece o cantautor arxentino Alberto Cortez en Madrid aos 79 anos

Publicado o 04/04/2019 21:36


               

O cantautor arxentino Alberto Cortez, autor de éxitos da música latinoamericana como En un rincón del alma ou Cuando un amigo se va, faleceu hoxe nun hospital de Madrid aos 79 anos a consecuencia dunhas úlceras gástricas cuxa cura se complicou.

O artista foi ingresado de urxencia o 27 de marzo pasado no Hospital Universitario HM Porta do Sur, en Móstoles, por mor dunhas úlceras gástricas que se foron complicando con distintas infeccións e finalmente faleceu ás 15:30 horas deste xoves nese centro sanitario de Madrid.

Desde o seu ingreso, o cantante, que residía en España desde 1964, estivo acompañado no hospital pola súa esposa, a belga Renata Govaerts, con quen levaba casado 55 anos.

"Foi un golpe porque acababamos de facer xira a finais de ano. Tiña compromisos en Porto Rico, na Republica Dominicana e en México", sinalaron fontes próximas, que explicaron que aínda non decidiron onde se instalará a capela ardente, aínda que un dos sitios que se barallan é a sede da Sociedade Xeral de Autores (SGAE).

"Era unha grandísima persoa e artisticamente un compositor, músico e poeta enorme que deixou para a historia títulos inesquecibles", engadiron.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/04/2019