CRTVG

Buscar

Falece o alcalde de Baralla tres días despois de renunciar ao seu cargo

Publicado o 01/07/2019 15:20
Falece o alcalde de Baralla tres días despois de renunciar ao seu cargo

O ex-alcalde de Baralla, Manuel González Capón, faleceu a pasada madrugada, só tres días despois de renunciar por motivos de saúde ao cargo que desempeñou durante 32 anos.

Segundo informaron fontes do Partido Popular, aínda que o ex-rexedor levaba meses loitando contra unha grave enfermidade, a noticia do seu falecemento colleu por sorpresa a moitos dos seus compañeiros de partido, polo rápido que se produciu o fatal desenlace.

Manuel González Capón renunciou o pasado venres á alcaldía, aínda que xa non estivo presente no salón de plenos de Baralla. Nunha breve sesión extraordinaria, procedeuse á lectura da súa carta de renuncia, que foi aceptada pola corporación. Estaba previsto que esta semana se celebrase outro pleno no Concello de Baralla para elixir ao novo alcalde entre os membros do grupo municipal do Partido Popular. De momento, quedou á fronte do Concello o tenente de alcalde, Manuel Rodríguez.

O PP cultivou nas últimas eleccións locais unha esmagadora maioría absoluta, con oito dos once edís da corporación. Manuel González Capón foi alcalde de Baralla desde o ano 1987.

Noticias web

01/07/2019