CRTVG

Buscar

Falece nun accidente de moto un mozo de 22 anos no Rosal

Publicado o 06/08/2020 21:55

No Rosal, un mozo de 22 anos faleceu esta tarde nun accidente de tráfico. A vítima conducía unha moto pola recta de Tabagón cando, por causas que se descoñecen, saíu da vía. Pasaban poucos minutos das seis da tarde.

Ata a zona desprazouse un helicóptero medicalizado e varias ambulancias, pero os equipos sanitarios trasladados á zona xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Noticias web

06/08/2020