CRTVG

Buscar

Falece no Pereiro de Aguiar un motorista de 41 anos

Publicado o 07/06/2020 15:16

Falece no Pereiro de Aguiar un motorista de 41 anos.
A moto que conducía bateu contra un turismo neste cruce da parroquia de Sabadelle, na estrada OU-506. Foi ás once e cuarto da mañá. Ata o lugar do sinistro achegouse axiña unha ambulancia, a Garda Civil de Tráfico e o GES de Pereiro. Tamén o helicóptero medicalizado do 061, o persoal de emerxencia tratou de reanimar durante 25 minutos ao motorista que acabou morrendo polas graves feridas. Atestados estuda as causas do accidente.

Noticias web

07/06/2020