CRTVG

Buscar

Falecen tres persoas nunha xornada en que aumentan en 289 os contaxios en Galicia

Publicado o 08/10/2020 19:45
Falecen tres persoas nunha xornada en que aumentan en 289 os contaxios en Galicia

Nas últimas horas faleceron dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus: un home de 61 anos que estaba ingresado no CHOP e doutro home de 57 anos que estaba ingresado no CHUO. Os dous tiñan patoloxías previas.

Xa pola mañá, Sanidade notificaba a morte dunha muller de 96 anos na residencia de maiores Ballesol Oleiros durante a xornada de onte.

Cos novos falecidos, a cifra total de vítimas mortais en Galicia ascende a 776.

Por outra banda, Galicia rexistra este xoves 4.083 casos activos, segundo a última actualización dos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Isto supón 15 casos activos máis ca onte. Por outra banda, hai 289 novos contaxios.

Gromos en residencias

O ascenso elevado de contaxios vén en boa parte pola detección de dous gromos importantes en dúas residencias: a de Val do Monterrei, onde hai 46 positivos, e a dos Gozos, do Pereiro de Aguiar, que notificou o contaxio de 106 usuarios.

Son 148 novos casos activos que se corresponden con usuarios. En total, son 414.

No caso dos traballadores, hai oito positivos menos, mentres que o total ascende a 114.

O repartimento dos casos activos por áreas sanitarias é o seguinte: 

• A Coruña: 784 (-3)

• Lugo: 483 (-3)

• Ourense: 1148 (+25)

• Pontevedra: 613 (-17)

• Vigo: 408 (+18)

 Santiago: 545 (+1)

• Ferrol: 102 (-6)

Hospitalizacións e UCI

Ademais, nestes momentos hai 35 persoas na UCI, 187 en unidades de hospitalización e 3.861 en seguimento domiciliario. Dende o inicio da pandemia, curaron 20.860 persoas en Galicia e realizáronse 531.410 probas PCR.