CRTVG

Buscar

Falece Julio Anguita

Publicado o 16/05/2020 12:39

Tiña 78 anos e levaba unha semana ingresado na UCI tras sufrir un infarto

O ex-coordinador federal de Esquerda Unida non puido superar a parada cardiorespiratoria que sufrira o pasado sábado e pola que fora ingresado en estado crítico na UCI do hospital Reina Sofía de Córdoba. Anguita, de 78 anos, arrastraba problemas cardíacos desde hai máis de dúas décadas, motivo polo cal xa fora operado en varias ocasións.

Son moitos os políticos e persoeiros públicos que lle fixeron chegar o pésame á familia por medio das redes sociais. 


 

Noticias web

16/05/2020