CRTVG

Buscar

Falece en Vigo o arquitecto Xaime Garrido, un valedor do patrimonio urbanístico

Publicado o 07/04/2019 13:48

O arquitecto e historiador Xaime Garrido faleceu en Vigo aos 80 anos de idade. Membro fundador do Instituto de Estudos Vigueses na década dos noventa, Garrido foi un gran defensor do pasado local e da necesidade de preservar os edificios e referentes históricos da cidade. É autor dun libro considerado fundamental para a arquitectura do século XX, "A cidade que se perdeu", unha monografía sobre o arquitecto Xenaro de la Fuente.


Xaime Garrido, naceu na parroquia viguesa de Bembrive e tamén foi arquitecto honorífico municipal de Baiona entre 1968 e 1973. Moitos o consideran unha figura clave para conservar edificios históricos e de gran tradición, como o actual Museo MARCO de Vigo. 

En 2017 recibiu o Premio Laxeiro en recoñecemento a súa dilatada traxectoria como arquitecto e investigador.




 

Noticias web

07/04/2019