CRTVG

Buscar

Falece no seu domicilio Mercedes Rajoy Brey, a irmá do ex-presidente do Goberno

Publicado o 15/12/2019 09:56
Falece no seu domicilio Mercedes Rajoy Brey, a irmá do ex-presidente do Goberno

Mercedes Rajoy, rexistradora da propiedade como o seu irmán, faleceu esta noite no seu domicilio de Aravaca, en Madrid, a causa dun infarto, segundo as primeiras informacións. Mercedes, de 62 anos, preferiu sempre estar nun segundo plano respecto á actividade pública do seu irmán Mariano Rajoy e mesmo do seu marido, o parlamentario europeo, Francisco Millán Mon.

Casada en 1981, tiña tres fillos: a diplomática Mercedes Millán, Francisco e Enrique. Mercedes era rexistradora da propiedade igual que os seus irmáns Mariano e Enrique, mentres que Luis, o cuarto dos irmáns, falecido no 2014, era notario.