CRTVG

Buscar

Falece aos 94 anos Elvira Varela Bao, memoria das Irmadades da Fala

Publicado o 15/07/2020 21:36
Falece aos 94 anos Elvira Varela Bao, memoria das Irmadades da Fala


Faleceu aos 94 anos Elvira Varela Bao, a filla de dous fundadores das Irmandades da Fala que dedicou a súa vida a recuperar a memoria daquela xeración.   Elvira Varela Bao participou en multitude de iniciativas de recuperación da memoria histórica e en recordo dos republicanos que sufriron a persecución do réxime franquista, como os seus pais. No ano 2013 foi nomeada republicana de honra pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
 

Noticias web

15/07/2020