CRTVG

Buscar

Falece aos 76 anos o promotor musical e xornalista Nonito Pereira

Publicado o 26/11/2019 10:09
Falece aos 76 anos o promotor musical e xornalista Nonito Pereira

O xornalista musical, promotor e comentarista Nonito Pereira faleceu esta noite. Era todo un referente na historia recente da música. Tiña 76 anos.

Nonito comezou como picadiscos nos anos sesenta no Playa Club da Coruña, foi un dos introdutores no país dos grupos británicos e americanos que triunfaban no mundo. En 1967, presentou en Radio Juventud da Coruña o primeiro programa de jazz feito en Galicia e, co tempo, as súas colaboracións multiplicáronse por xornais, radios e televisións. Nesta casa presentou o programa Radio onte.

Promotor musical, foi un dos impulsores do Noroeste Pop Rock.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí