CRTVG

Buscar

Falece aos 76 anos Javier Reverte, escritor de viaxes e xornalista

Publicado o 31/10/2020 12:13
Falece aos 76 anos Javier Reverte, escritor de viaxes e xornalista

O escritor e xornalista Javier Martínez Reverte, que asinaba as súas obras co seu segundo apelido, faleceu en Madrid aos 76 anos. Especializado en libros de viaxes era irmán de Jorge Martínez Reverte.

A literatura de viaxes en español perde un dos seus máis prolíficos escritores. Autor da Trilogía de África asinou tamén obras como En mares salvajes, Corazón de Ulises ou Un verano chino.

Traballou máis de tres décadas como xornalista. Foi correspondente de prensa en Londres, París ou Lisboa e enviado especial en moitos outros países. Despois de ser articulista, cronista político, entrevistador, reporteiro de televisión, o éxito de vendas dos seus libros permitiulle dedicarse por completo á literatura, con colaboracións puntuais en medios de comunicación.

O infatigable viaxeiro retirárase nos últimos meses á serra de Segovia, onde escribía, corrixía ou pasaba o tempo en familia.