CRTVG

Buscar

Falece a muller que caeu onte ao río Barbaña, en Ourense

Publicado o 02/12/2020 21:11
Falece a muller que caeu onte ao río Barbaña, en Ourense

Falece a muller que onte caeu ao río Barbaña na cidade de Ourense. A Policía Nacional sospeita, segundo o relato dalgunha testemuña, que a muller esvarou cando alimentaba uns gatos que viven na rúa e se agochan nunhas casiñas á beira do río.

Caeu ao Barbaña, que leva moi pouca auga, desde unha altura duns 4 metros e golpeou a cabeza contra unhas pedras.

Os primeiros en chegar foron os sanitarios, pero precisaron a intervención dos bombeiros para rescatar a vítima, que estaba consciente.

O seu estado empeorou e permanecía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense en morte cerebral. Hoxe faleceu.

Noticias web

02/12/2020