CRTVG

Buscar

Fai hoxe 44 anos o lugués Ramos Misioné subía ao podio de Montreal

Publicado o 31/07/2020 22:29

Foi a terceira medalla galega da historia, 56 anos despois da prata conseguida polos futbolistas Otero, Gil e González en Amberes.

Luis Gregorio Ramos Misioné Dobre medallista olímpico "Eramos campións do mundo e era un peso moi grande. Posiblemente nos confiamos máis da conta."

26 milésimas separaron o bote español da medalla de ouro conseguida polos soviéticos.

Luis Gregorio Ramos Misioné Dobre medallista olímpico "Había vento lateral e afectounos bastante porque eramos un K4 que pesaba moi pouco. Os rusos eran de dous metros e con moito peso".

O mítico K4 formado por Misioné, Díaz Flor, Celorrio e Menéndez preparara os Xogos en Bucarest. Alí coincidiron coa que sería a gran dama de Montreal: Nadia Comanecci.

Luis Gregorio Ramos Misioné Dobre medallista olímpico "Estivemos adestrándonos varios meses en Romanía. Ela era romanesa e adestrábase en Bucarest. Nós coñecemos o seu adestrador, os seus axudantes e o equipo de ximnasia".

Foi a primeira medalla olímpica para o piragüismo español. Despois chegarían quince máis, cinco delas conseguidas por un dos mellores deportistas galegos da historia, David Cal.
 

Noticias web

31/07/2020