CRTVG

Buscar

Facenda cita as comunidades para o venres pero deixa fóra da axenda o pago do IVE

Publicado o 05/02/2020 09:50

• Castela-A Mancha, gobernada polo PSOE, foi a primeira en reclamar o IVE por vía xudicial

• Aragón podería ser a segunda e dálle un ultimato ao executivo e Asturias tampouco desbota esta vía

• O presidente da Xunta critica a diferenza de criterio entre os socialistas e apela ao PSdeG

• Montero advirte ás comunidades que é "unha rocha para as ameazas"

Facenda cita as comunidades autónomas pasado mañá, pero deixa fóra da axenda o pago do IVE. As comunidades xa non agochan o seu malestar.

Castela-A Mancha súmase ás comunidades gobernadas polo PP e acudirá aos tribunais a reclarmarlle ao Goberno a debeda polo IVE. Aragón podería ser a segunda autonomía socialista en facelo. O seu presidente deulle un ultimato ao Executivo. Pero o Goberno insiste en que non hai solución.

As comunidades poderán abordar na reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira a reclamación dos 2.500 millóns da recadación do IVE de 2017 que lles debe o Goberno. Pero o Executivo dao por pechado. A ministra de Facenda insiste en que intentaron darlle solución a un problema que, di a ministra causou o seu predecesor, Cristóbal Montoro.

A ministra de Facenda non quixo facer ningunha valoración sobre as comunidades que van recorrer á vía xudicial para reclamar a débeda. A última en facelo é Castela-A Mancha, o Consello de Goberno deu o visto e prace para acudir aos tribunais. Aragón podería ser a segunda comunidade socialista en facelo. O seu presidente envioulle unha carta á ministra é dálle un ultimato.

Asturias tamén gobernada polos socilaistas aínda non descartou a vía xudicial. O resto das comunidades en mans do PSOE prefieren, de momento, a negociación co Goberno. O líder dos socialistas galegos tamén aposta polo diálogo.

O Consello de Política Fiscal e Financeira convocado para o venres será o primeiro en ano medio. Nel Facenda trasladaralles ás comundiades os obxectivos de estabilidade presupostaria para empezar a preparar os orzamentos de 2020.


 

Noticias web

05/02/2020