CRTVG

Buscar

Facenda abre a partir do luns as súas oficinas para atender consultas do IRPF

Publicado o 06/06/2020 13:26

A Axencia Tributaria reabre o luns as súas oficinas para a atención presencial aos contribuíntes que precisan o servizo dos funcionarios para efectuar a súa declaración do Imposto da Renda das Persoas Físicas. Malia que durante as últimas semanas veñen prestando a atención telefónica e tamén en liña, o Ministerio de Facenda habilita as oficinas unha vez que unha gran parte das autonomías entran na fase 3 da desescalada. A ocupación estará restrinxida á metade dos traballadores e de usuarios habituais, que deben pedir cita previa.
 

Noticias web

06/06/2020