CRTVG

Buscar

Expulsan a Juan Carlos Quer da sala de vistas tras dicirlle ao Chicle: "Podía ser a túa filla!"

Publicado o 22/11/2019 20:31

É xuño de 2018. Abuín conta sorrinte como matou a Diana na rúa Venecia. Pola posición do seu móbil hoxe sabemos que Diana non entrou nesta rúa. Tamén di como cargou o gasoil que roubara. Ese que ningún xitano botou en falta. E explica aos axentes, como meteu corpo da moza no coche. Os investigadores tampouco cren que estivera morta daquela.

Os axentes non cren que diana estivese morta cando a meteu no coche. Se é difícil meter un corpo morto no asento de atrás, máis complicado é entrar cargando con el nunha nave ás escuras. Por iso os investigadores cren que Diana estaba viva cando chegou a Asados e que Abuín a meteu na nave a empurróns.

No interior da nave, o Chicle amosa como levantou a arqueta do pozo no que botou o cadáver de Diana mailo seu bolso. Di que a desnuda para que non atopen restos del na roupa da moza. E explica como lastrou o corpo. O pai de Diana xa non aguanta máis.

Na súa conta de Twitter, Juan Carlos Quer escribiu posteriormente: "Non podo comprender como un pai pode facer a unha moza que podería ser a súa filla a atrocidade que fixo pasar a Diana; tras violala e asasinala, tirar o seu corpo a un pozo. Pido as miñas máis sinceras desculpas ao xurado e ao maxistrado, non puiden conter a dor".

Mentres o pai de Diana intenta sobrepoñerse, os axentes aseguran na sala que poderían chegar a Asados sen a colaboración de Abuín. "Chegaríamos ao corpo ainda que el non o dixera porque cometeu o erro de ensinarlle a unha persoa o lugar ao que trasladou a Diana e incluso o pozo no que a botou" Os investigadores din que non interrogaron a testemuña daquela para que non alertase o Chicle e ninguén sacara o corpo de alí.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí