Exposición Olhar inédito no Instituto Camões
Publicado o 29/10/2018 17:51
E imos agora cara ao pasado. En 1901 centos de portugueses visitaron Vigo nunha excursión multitudinaria, dentro dun programa de irmandade entre países. Un destes participantes era Aurelio da Paz Reis, un pioneiro do cinema portugués. Estes días podemos ver no Instituto Camões de Vigo estas fotografías e películas, que amosan que o eixo atlántico sempre existiu.