Exposición do fotoxornalista Sergi Cámara en Santiago
Publicado o 22/10/2018 18:43
Amal, a Semana de Cine Euroárabe, comeza hoxe en Compostela. Sergi Cámara, autor da imaxe do festival, documentou a chegada de familias a Lesbos.
Hoxe comeza o Festival Amal. Un ano máis, Compostela unirá culturas, a europea e a árabe, a través do cinema e tamén da fotografía.
O fotoxornalista Sergi Cámara viaxou a Lesbos para retratar como a inmigración fai e desfai familias.