Expoñen por primeira vez o orixinal do 'Cantar de mio Cid'
Publicado o 18/06/2019 08:31

A Biblioteca Nacional e a Fundación Ramón Menéndez Pidal expoñen por primeira vez o orixinal do Cantar de mio Cid, unha das xoias máis prezadas do patrimonio bibliográfico español. Ademais de poder ver o manuscrito, a mostra permite coñecer a súa historia, moi vinculada a Galicia: tres xeracións da familia do filólogo Menéndez Pidal, natural da Coruña, custodiaron durante décadas a obra orixinal, que finalmente foi doada á Biblioteca Nacional no ano 1960.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 22:50
26/01/2021 22:49