CRTVG

Buscar

Explosión sen feridos e incendio no baixo dunha casa de Moaña

Publicado o 25/04/2019 17:38

Un incendio deixou practicamente calcinado o baixo dunha vivenda en Moaña. O lume estendeuse con rapidez. Porén, a correcta actuación dos propietarios do inmoble, que pecharon todos os ocos de ventilación, impediu que se propagase á parte superior. Aínda así, as tarefas de extinción foron complicadas, xa que no interior había material inflamable.Poliuretano e bombonas de helio, nitróxeno e éter.

A alerta que recibiron os bombeiros foi por unha explosión, pero non hai evidencias de que se producise e investíganse as causas do incendio. Non houbo que lamentar danos persoais, pero si cuantiosos estragos materiais.



 

Noticias web

25/04/2019