CRTVG

Buscar

Explosión de partos na granxa do Rexo, en Allariz: nun mes naceron máis de 270 años

Publicado o 03/02/2020 20:48

Son as últimas ovellas que pariron. Estanas preparando para o ordeño. En só un par de horas houbo 5 partos.

Carlos incorpora os dous últimos años á sala de cría. Tiveron que abrir un novo espazo porque non collen. O motivo de tanto nacemento é a sincronización do celo das ovellas.

Parte das añas irán a renovación do rebaño, que no último ano sufriu varios ataques de lobo.

Tras pacer no ecoespazo do Rexo, as ovellas que xa pariron entran para ordeño. Son de raza latxa, as mellores produtoras de leite.

Esta explosión de partos fixo que ano pasado se bateran todos os récords, máis de 31.000 litros de leite cos que se elaboraron uns 9.000 queixos.

Noticias web

03/02/2020