CRTVG

Buscar

Expertos en novas tecnoloxías analizan en Santiago 'O mundo que vén'

Publicado o 30/10/2019 14:32

Neste mundo que vén, cada día máis dixital, estamos en mans da tecnoloxía tanto na nosa vida persoal como na profesional. Pero debemos temer os algoritmos, a intelixencia artificial?

Enrique Sánchez de León, director xeral de APD "Todos utilizamos asistentes virtuais que nos mandan recomendacións que nos din onde ir, onde comer, como vestir, iso son algoritmos. Temos que ser conscientes de que o algoritmo está na nosa vida, non hai que ter medo ao algoritmo"

Mikel Diez, IBM Cognitive Solutions Lead "Existen intelixencias artificiais que chamamos xenéticas ou autoxerativas pero van autoxerar o que os humanos digamos que hai que xerar. Hai moitas películas ao respecto dos tempos vindeiros, ao respecto da capacidade da IA para substituírnos, non o creo".

Os algoritmos e a transformación dixital impactan nas organizacións e na súa forma de chegar aos clientes.

Nuria Alonso, directora de transformación dixital de Hijos de Rivera "Os consumidores son diferentes, compran dunha forma diferente e hai que achegarse a eles dun xeito distinto, entón hai que abrirse, hai que traballar para cocrear con talento externo na organización e ademais desenvolver o talento interno".

Neste mundo tecnolóxico, ese, o talento, é a habilidade persoal que máis nos distinguirá das máquinas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019