CRTVG

Buscar

Expectación pola posta en escena do Celta de Cardoso

Publicado o 26/11/2018 16:56

Menos de quince días traballando co Celta. Cambiando as rutinas e os conceptos. Hoxe chega o día de presentar en sociedade a mellora que pide a afección. Once titular? Rubén podería estar na portería, haberá un centro do campo distinto por lesións e sancións, ao igual que a defensa, e a principal novidade podería estar na dianteira. Igual non coinciden Aspas e Maxi. O uruguaio iniciaría o encontro desde o banco.

Miguel Cardoso, adestrador do R. C. Celta: "Neste equipo non hai ninguén que teña a titularidade asegurada, ninguén. Quen traballe mellor, quen dea as mellores solucións en cada adestramento estará máis preto de xogar. Se vai xogar Maxi, Iago, Emre de dez... iso ímolo ver. Pode ser que xogue ou que non xogue, aínda non tomamos a decisión".

Noticias web

26/11/2018