CRTVG

Buscar

Expectación en Navia de Suarna ante a estrea da película

Publicado o 29/09/2019 22:00

A película O que arde, rececentemente recoñecida no festival de cine de Cannes, volveu ao seu lugar de rodaxe.

Con expectación, os veciños de Navia de Suarna xa se concentraban na praza do Concello unha hora antes para asistir á preestrea de O que arde, gravada en distintos escenarios da vila. Os veciños, varios deles con papeis na película, amosan a súa satisfacción polo feito de que a súa vila saia na pantalla grande.

A película, premiada en varios festivais de cine, supón unha proxección da vila a nivel internacional. De momento, Navia de Suarna é un lugar privilexiado, porque pode ver a película doce días antes de que o faga o resto de España.

Noticias web

29/09/2019