CRTVG

Buscar

Eximen de responsabilidade dos danos nun piso o inquilino porque o seu can foi o causante

Publicado o 20/11/2020 13:45
Eximen de responsabilidade dos danos nun piso o inquilino porque o seu can foi o causante

Un inquilino deixa o piso alugado con danos, pero non os pagará porque foi o can o que os provocou. A Audiencia Provincial de Ourense acaba de absolvelo, di que os danos existen, pero que, ao ser o animal o que os provocou, non se lle pode facer reproche penal.

O inquilino fora condenado a pagar preto de dous mil euros en primeira instancia. Tamén fala o tribunal de que as fotos achegadas son de moi mala calidade e non se aprecian ben os danos ocasionados.  

Noticias web

20/11/2020