CRTVG

Buscar

Exceltur eleva as perdas do sector turístico ata os 99.000 millóns de euros

Publicado o 19/08/2020 15:10

As restricións e as corentenas impostas polos principais países emisores de turistas levou a Exceltur a empeorar as súas previsións económicas.

A patronal cre que este ano perderá case 99.000 millóns de euros, 15.000 millóns máis do que calculaba en xuño. Cataluña e as Baleares son as comunidades máis afectadas. E coa demanda externa á baixa non descartan mesmo adiantar o peche da temporada.

A actividade caerá, ao cabo do ano, nun 65% con respecto ao anterior e isto nótase no emprego. A finais de xuño, xa tiñan 823.000 empregados menos e medio millón en ERTE.

Cren que o sector turístico é o que resultou máis danado pola pandemia e que explica máis da metade das perdas de toda a economía española. Por iso, reclaman medidas urxentes do Goberno.

Piden que se amplíen os ERTE ata Semana Santa do ano que vén, que se unifiquen criterios na Unión Europea, que se volvan abrir os corredores turísticos e que se eviten mensaxes alarmistas sen fundamento.

Noticias web

19/08/2020