CRTVG

Buscar

Excelente tempada de cogomelos

Publicado o 04/11/2019 21:06

Dáse estes días nos prados e montes galegos unha explosión de fungos como hai anos non gozaban os amantes dos cogomelos. Grazas á necesaria choiva e ás temperaturas axeitadas destes días podemos atopar os cogomelos máis aprecidos na cociña: níscaros, cogordos, sendeiriñas, champiñóns, boletus edulis.

En Galicia están catalogadas unhas 2.800 especies distintas de cogomelos, delas unha vintena son comestibles e unhas dez tóxicas. A máis mortal e moi común é a Amanita Phaloides. Se non está seguro ao cen por cento da especie, xa sabe, deixe o cogomelo no monte. Este ano, por fortuna, hai unha chea dos bos e ricos que levar á mesa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2019