CRTVG

Buscar

Liberan unha persoa accidentada nunha colisión múltiple en Redondela

Publicado o 08/10/2020 21:00

Ocorreu arredor da unha e media desta tarde. Un home duns 50 anos tivo que ser liberado e evacuado ao hospital tras un accidente múltiple no quilómetro 137,5 da N-550, entre Redondela e Pontevedra (concretamente, no lugar de Soutoxuste).

No choque frontal víronse implicados tres vehículos: un turismo, unha furgoneta e un camión que transportaba madeira.

Os bombeiros do Porriño foron os encargados de liberar o condutor do turismo, que quedou ferido grave.

Tamén se deu aviso a un helicóptero medicalizado, pero finalmente a súa intervención non foi necesaria, posto que a vítima foi trasladada ao hospital en ambulancia.

Agora será a Garda Civil do Porriño quen determine oficialmente as causas do sinistro.