CRTVG

Buscar

Liberado o condutor dun camión que transportaba mexillóns na N-525 en Taboadela

Publicado o 24/10/2018 19:48

Accidente de circulación na nacional 525 á altura da localidade ourensá de Taboadela. Foi contra o mediodía cando por causas que se descoñecen un camión que transportaba mexillóns saíu da estrada. O seu condutor, malia non perder a consciencia en ningún momento, quedou atrapado no interior da cabina. Foi precisa a intervención dos bombeiros para liberalo. Malia que nun primeiro momento se desprazou ata o lugar o helicóptero do 061, finalmente foi trasladado en ambulancia medicalizada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.



 

Noticias web

24/10/2018