CRTVG

Buscar

Liberado un mozo de 18 anos nun accidente no Barco con outros catro feridos

Publicado o 25/08/2019 20:14

Dos accidentes rexistrados nas estradas galegas nas últimas horas, un dos máis graves foi o rexistrado este mediodía no Barco. Bateron dous coches despois de saír da vía un dos vehículos. Cando retornou á calzada impactou co outro coche. O condutor do Audi, un mozo de 18 anos, tivo que ser liberado e trasladado en helicóptero ao hospital de Ourense. Os catros ocupantes do outro coche, entre os que figuraban dous nenos de 4 e 8 anos, sufriron feridas de menor consideracion.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2019