CRTVG

Buscar

Evolución "leve, pero boa" do axente vigués ferido nos disturbios en Barcelona

Publicado o 21/10/2019 21:06

A última hora pasa por unha evolución leve, pero, en todo caso, na boa dirección, despois de pasar boa noite. Os médicos non temen pola súa vida, malia que Iván Álvarez permanece ingresado na UCI en estado moi grave, acompañado xa desde onte pola súa muller. Lembramos que sofre unha fractura na base do cranio tras recibir o impacto dun proxectil guindado polos radicais independentistas nos enfrontamentos do venres pola noite, os máis graves dunha semana marcada pola violencia nas rúas de Cataluña.

Iván Álvarez é o máis grave dos 300 efectivos policiais feridos nos disturbios destes días. Desa lista forma parte tamén outro galego, un axente coruñés que está á espera de ser operado doutra fractura, neste caso nun brazo.

Emocionada e preocupada, a nai do policía de Vigo ferido nos disturbios participou na concentración ás portas da comisaría da cidade olívica xunto aos seus compañeiros en apoio ás forzas de seguridade do Estado destinadas en Cataluña. Iván Álvarez permanece ingresado na UCI en estado grave.

Disturbios, altercados e enfrontamentos que desde o pasado luns manteñen desbordados os axentes. Denuncian falta de medios nunha situación que cualifican de violencia extrema.

Os violentos montaron barricadas e atacaron as forzas de seguridade. Desde o pasado luns quedaron feridos preto de 300 axentes.

Tamén outro galego, un axente coruñés que está á espera de ser operado doutra fractura, quedou ferido nos disturbios. Desde Galicia foron desprazados a Cataluña un total de 260 efectivos, que, polo momento, permanecen alí. Houbo concentracións en todo o país en apoio ao labor do corpo da Policía Nacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019